Eliminación da conta
Última actualización:
Nesta páxina explicámosche como eliminar a túa conta da app Yulava Connect.
O primeiro que tes que facer é iniciar sesión na app co teu usuario e o teu contrasinal.
A continuación, vai ao apartado do teu perfil e preme en «A miña conta».
Por último, preme o botón «Eliminar conta» e acepta a confirmación de eliminación da conta.
Ao realizar esta acción eliminaranse todos os datos relacionados co usuario. Lembra que esta acción é definitiva e non se pode desfacer.
Se non podes entrar na app
Tamén podes pedirnos que eliminemos a túa conta enviando un correo a yulava@yulava.com co asunto «Eliminar a miña conta». Indica o teu nome e, se o sabes, o club ao que pertences.
Por seguridade, envíao desde o enderezo de correo co que te rexistraches. Eliminaremos a conta e confirmarémoscho por correo nun prazo máximo dun mes.
